viernes, 27 de abril de 2012

As persoas que viven en cidades teñen un maior risco de sufrir ansiedade e depresión

Segundo un recente estudo publicado na revista científica Nature, as persoas que viven en cidades teñen un 21% máis de risco de padecer un trastorno de ansiedade, un 39% máis de risco de sufrir un trastorno do estado de ánimo e o dobre de risco de sufrir esquizofrenia.

Para chegar a esta conclusión, os autores procedentes do Instituto de Saúde Mental Douglas de Canadá, comparon a actividade celebral de voluntarios procedentes de núcleos con máis de 100.000 habitantes, coas de habitantes de núcleos de máis de 10.000 habitantes e un terceiro grupo formado por persoas de áreas rurais. Atoparon que a resposta á tensión na amigdala (rexión cerebral vinculada coa regulación das emocións e o estado de ánimo) era maior conforme maior era o núcleo urbano ao que pertencía a persoa.
Xa que logo, existe unha forma ou formas na que a experiencia de vivir en nucleos urbanos afecta aos centros cerebrais que regulan as emocións, creando unha maior vulnerabilidade a padecer trastornos mentais.

Exposición pioneira en Euskadi que reúne obras de arte de pacientes psiquiátricos e dos seus terapéutas

- A mostra, "Arte e Saúde Mental Do outro lado? ", recolle as obras de arte de máis de 50 pacientes psiquiátricos e 20 psiquiatras, psicólogos e artistas.

- As obras son anónimas e os visitantes gozarán das pezas de arte sen saber se foron realizadas por pacientes ou profesionais da Saúde Mental.

- A exposición forma parte dunha nova edición de 'Expodistrito', unha iniciativa cultural impulsada pola Área de Cultura e Educación do Concello de Bilbao.


Bilbao, abril de 2012. - O Centro Municipal de Abando-Barrainkua acolle durante a última quincena do presente mes de abril, entre os días 16 e 30, unha exposición artística que reúne por primeira vez en Euskadi obras de arte realizadas por máis de 50 pacientes psiquiátricos e un total de 20 psiquiatras, psicólogos e terapeutas que os atenden e axudan nos seus tratamentos.

A insólita exposición, que leva por nome, "Arte e Saúde Mental Do outro lado? ", recompila unha selección das obras realizadas durante estes últimos dez anos nos programas de actividades artísticas da Comunidade Terapéutica de AMSA, prestixiosa organización que brinda servizos de psiquiatría na capital biscaíña.

En concreto, a mostra, coordinada polo psiquiatra Claudio Maruottolo e o escultor Iñaki Martínez, busca a reintegración dos pacientes psiquiátricos na sociedade a través da Arte. Así, os asistentes poderán ver a produción artística dos pacientes psiquiátricos, terapeutas e artistas plásticos que forman parte da Comunidade Terapéutica de AMSA.




 


'Arte e saúde mental' forma parte dunha nova edición de 'Expodistrito', unha iniciativa cultural impulsada pola Área de Cultura e Educación do Concello de Bilbao que ten como propósito descentralizar as manifestacións artísticas da Vila e presentar ao público o traballo de artistas noveis, así como servir de escaparate a outros xa consagrados.

O coordinador da exposición, o psiquiatra Claudio Maruottolo, destaca 'Arte e saúde mental' ten como obxectivo principal "axudar á reinserción social dos pacientes que acoden aos tratamentos, e mostrar os traballos que levamos realizando durante moitos anos".

Pola súa banda, o outro dos responsables da mostra, o artista Iñaki Martínez, subliñou que, a través da arte, os pacientes "poden mostrar os seus sentimentos e pensamentos. Axúdalles a expresarse con maior facilidade que coa palabra, engade.

Neste sentido, Maruottolo sinala que a expresión a través da arte "é un instrumento terapéutico máis para favorecer o desenvolvemento de recursos psíquicos facilitadores da saúde mental, como a creatividade e a comunicación non verbal, que axuda a lograr unha apertura maior ao momento de recibir as restantes terapias tradicionais".

Todos os implicados na exposición contribúen coas súas producións artísticas, que son expostas de forma anónima. Así, os que visiten a exposición non saberán que obras pertencen pacientes psiquiátricos ou cuales a profesionais médicos, psicólogos ou artistas plásticos.

"Ao non saber a autoría dos traballos contribúese a non estigmatizar as persoas integrantes da comunidade Terapéutica, fundamentalmente aos pacientes psiquiátricos ao tratalos con igualdade. As persoas que visiten a exposición terán a posibilidade de encontrar -se as encontran- resposta a se hai diferenzas entre as obras expostas", afirma Maruottolo.

miércoles, 11 de abril de 2012

Unha mala organización do traballo e estilos de mando autoritarios son as principais causas dos riscos psicosociais en España



O 73% dos traballadores padece estrés no ámbito laboral e tres cuartas partes deles teñen problemas de saúde derivados desta situación. Ademais, o 71% di "sentirse queimado" polo traballo e un 26% presenta risco de acoso e desempeñan o seu traballo nun ambiente hostigador. Un 15% foron vítimas puntuais de situacións de acoso moral e un 2% son vítimas de acoso severo.

As persoas que viven en cidades teñen un maior risco de sufrir ansiedade e depresión

Segundo un recente estudo publicado na revista científica Nature, as persoas que viven en cidades teñen un 21% máis de risco de padecer un trastorno de ansiedade, un 39% máis de risco de sufrir un trastorno do estado de ánimo e o dobre de risco de sufrir esquizofrenia.

Para chegar a esta conclusión, os autores procedentes do Instituto de Saúde Mental Douglas de Canadá, comparon a actividade celebral de voluntarios procedentes de núcleos con máis de 100.000 habitantes, coas de habitantes de núcleos de máis de 10.000 habitantes e un terceiro grupo formado por persoas de áreas rurais. Encontraron que a resposta ao estrés na amigdala (rexión cerebral vinculada coa regulación das emocións e o estado de ánimo) era maior conforme maior era o núcleo urbano ao que pertencía a persoa.
Polo tanto, existe unha forma ou formas na que a experiencia de vivir en nucleos urbanos afecta aos centros cerebrais que regulan as emocións, creando unha maior vulnerabilidade a padecer trastornos mentais.

jueves, 1 de marzo de 2012

Unha das principais psicólogas infantís é Rocío Ramos (coñecida pola serie emitida en cuatro SUPERNANY) que é unha das persoas que máis entende sobre as condutas e a psicoloxía dos nenos. En especial trata a psicoloxía infantil e como actuar en determinadas situacións que teñen que ver cos nenos.

A entrevista a Rocío Ramos publicada nun diario andaluz é moi interesante e responde a moitas preguntas que nos axudan a actuar cos nosos fillos.
Unha das frases mais interesantes que dí na entrevista é:
"A labazada para, pero non educa en ningún caso"
Nesta entrevista responde a estas preguntas de xeito moi claro:

Hai costume de dicir aquilo de "meu fillo saíu bo ou malo". ¿Hai nenos que "saen" bos e outros non?




¿Que fago se o meu fillo con 10 anos aínda se mexa na cama?


Se o teu neno tende a mexarse continuamente na cama, tes que consultar cun especialista en uroloxía infantil para que descartes calquera tipo de enfermidade.

Así mesmo, debes controlar a cantidade de líquidos qe dás de beber o teu fillo. Polas noites, despois da cea, evita darlle moito líquido ou déalle algunha infusión. Isto fará que conscientemente poida controlar o seu desexo de mexar.

Ademais, é moi importante que o apoies e lle demostres confianza para que o axudes a superar esta difícil situación pola que está a pasar. Non o castigues nin te burles do teu neno por mexarse, isto aumentará a súa inseguridade.

Nalgúns casos raros, os nenos que se mexan continuamente na cama sofren da enurse; un problema que lamentablemente non poden ser resolto polos pais, nin polo pediatra, senón por un psiquiatra infantil que terá que avaliar o problema para poder axudar ao neno e aos seus pais a resolvelo.

Síntomas de problemas emocionais como a tristura ou a irritabilidade constante, ou un cambio no apetito ou nos hábitos de durmir, son alerta para que te decates se o teu neno pode estar a sufrir de enurse.

Se o teu neno ten este problema non o protexas extremadamente senón trata de que en fronte o seu problema, e canto antes leva te cun especialista.



jueves, 23 de febrero de 2012

Pensar cambia o cerebro

O pasado 17 de Decembro tivo lugar unha xornada teórico-clínica organizada pola Asociación Psicoanalítica de Madrid e o Instituto de Psiquiatría do Hospital Clínico de San Carlos de Madrid baixo a dirección do Profesor López Ibor e a Dr.a Reneses. O Dr. Glen O. Gabbard, psicanalista e unha das máximas autoridades internacionais no tratamento de Trastornos Límite de Personalidade expuxo as súas concepcións sobre este tipo de patoloxía psíquica.

Os Trastornos Límite de Personalidade son patoloxías graves que afectan ao psiquismo e que se manifestan en patróns persistentes de alteracións na cognición, a afectividade, a actividade interpersoal e o control dos impulsos e que se manifestan en aspectos como alteracións e inestabilidade en nas relacións interpersoais, que oscilan entre a excesiva dependencia ou o excesivo afastamento, inestabilidade na
identidade ou autoimaxe, impulsividade respecto a elementos moi diversos como alimentación, drogas, sexo, compras ou risco, inestabilidade afectiva, ira excesiva, sentimentos de persecución, autoagresións, ou sentimentos de baleiro que poden desembocar en intentos de suicidio, pelexas ou agresións. Outras veces maniféstanse como graves retraccións sociais, sentido grandioso de si mesmo, obsesións incapacitantes, ou desprezo e violación dos dereitos dos demais.

O Dr. Gabbard, que é recoñecido internacionalmente por abordar o tratamento dos Trastornos Límites da Personalidade combinando a psicoterapia psicoanalítica con criterios neurocientíficos, desenvolveu esta novidosa perspectiva en detalle ante un auditorio de máis de 250 psicanalistas, psiquiatras e psicólogos.




Espuxo como os pacientes afectados por Trastornos Límites de Personalidade están afectados por un estado de estrés superior ao resto debido a que interpretan erroneamente as actitudes neutras dos que lles rodean percibíndoas como adversas e ademais terían unha capacidade especial para detectar as persoas escasamente confiables, o que os sitúa nunha posición de incerteza, estrés e alerta permanente. Ésto provocaría alteracións nos sistemas de neurotransmisión cerebral e deficiencias no axeitado funcionamento de certas estruturas cerebrais como a amígdala ou os lóbulos prefrontais. Gabbard propugnou unha combinación de psicoterapia psicoanalítica e atención psicofarmacolóxica baseada nos coñecementos achegados popr a Neurociencia que, cen anos despois deron a razón ás formulacións de Freud, o creador da psicanálise.

Pensar cambia o cerebro, concluíu.


Formación estelar nas nubes oscuras de Tauro

Unha nova imaxe do telescopio APEX (Atacama Pathfinder Experiment), situado en Chile, mostra un sinuoso filamento de po cósmico dunha lonxitude de máis de dez anos luz. No seu interior, ocúltanse estrelas acabadas de nacer xunto con densas nubes de gas que, ao bordo do colapso, acabarán formando á súa vez novas estrelas. É unha das rexións de formación estelar máis próxima a nós. Os grans de po cósmico están tan fríos que son necesarias observacións de ao redor dun milímetro (como as levadas a cabo polo instrumento LABOCA, instalado no telescopio APEX) para detectar o seu débil brillo.




Fukushima en risco de sufrir outro gran terremoto

O risco sísmico na planta nuclear de Fukushima aumentou despois do terremoto de magnitude 9 que afectou a Xapón o pasado mes de marzo. Un novo estudo, publicado na revista da Unión Europea de Geociencias (EGU, polas súas siglas en inglés) 'Solid Earth, e que utilizou datos de máis de 6.000 terremotos, demostra que o tremor do 11 de marzo reactivou unha falla sísmica preto da central nuclear.

A investigación suxire que as autoridades xaponesas deben reforzar a seguridade da central nuclear de Fukushima para que poida soportar terremotos de gran tamaño que poidan supoñer unha nova ameaza directa para a rexión. A prefectura na que se encontra a planta foi testemuña dun dos peores desastres nucleares da historia despois de ser arrasada por un terremoto de magnitude 9 e un tsunami con ondas de ata 30 metros.

O epicentro do sismo que azoutou Xapón o 11 de marzo de 2011 estaba no fondo do mar a uns 160 km da costa de Fukushima. Os autores do traballo, pertencentes a universidades de Xapón Y China, conclúen que podería acontecer no futuro un moito máis próximo á costa na que se encontra a central de Fukushima.

"Hai algunhas fallas activas na área da central nuclear e os nosos resultados mostran a existencia de anomalías estruturais parecidas baixo as zonas de Iwaki e a de Fukushima. Tendo en conta que houbo recentemente un gran terremoto en Iwaki, cremos que é posible que poida acontecer nesta zona un sismo de forza similar ao de Fukushima, di o director da investigación Dapeng Zhao, profesor de xeofísica da universidade xaponesa de Tohoku.

UNHA NOVA CLASE DE EXOPLANETA FORMADO POR AUGA


Os astrónomos, coa axuda do telescopio orbital Hubble, identificaron unha nova clase de planeta fóra do sistema solar composto por auga e rodeado dunha espesa atmosfera de vapor.

O equipo internacional de astrónomos da NASA de EUA e a Axencia Espacial Estadounidense, encabezado por Zachory Berta del Centro Harvard Smithsonian de Astrofísica (CfA pola súa sigla en inglés), estudou o planeta denominado GJ 1214 b.

"É un planeta que non se parece a nada do que coñecemos ata agora". "Unha proporción enorme da súa masa está composta de auga", dixo Berta no boletín do Hubble, no que se decata de detalles do descubrimento.

O GJ 1214b foi descuberto en 2009 por un equipo de astrónomos encabezado por David Carbonneau, do CfA. O seu diámetro é aproximadamente 2,7 veces máis grande que o da Terra e o seu peso é unhas sete veces maior.

O planeta orbita a uns dous millóns de quilómetros dunha estrela anana vermella cada 38 horas e calcúlase que a temperatura na súa superficie é duns 230 graos celsius.

domingo, 19 de febrero de 2012

Culpan o reloxo biolóxico da falta de mulleres na ciencias

As mulleres evitan carreiras académicas con intensas materias de matemáticas porque o estilo de vida é incompatible coa maternidade, segundo acharon nun estudo investigadores da Universidade de Cornell que será publicado o próximo mes na American Scientist Magazine.
As universidades sempre foron criticadas polas políticas de contratación e avaliación que discriminan a muller, pero os achados deste novo estudo apuntan cara ao reloxo biolóxico como a principal razón pola que tan poucas mulleres rematan sendo profesoras de materias como matemáticas, enxeñarías, física e informática.
Unha muller que queira ter unha familia mira o rigoroso camiño que hai que realizar para ter un posto fixo e ten en conta a idade que terá antes de poder empezar a ter nenos e o pouco tempo que terá para criar os seus fillos. Moitas desas mulleres optan por carreiras máis flexibles.
"As universidades foron na súa maioría inflexibles con calquera cousa que se saíse do calendario, o que che escraviza durante anos e só entón contemplaríase a idea de quedarse embarazada", afirmou Wendy Williams, profesora de desenvolvemento humano en Cronell e coautora do estudo xunto co seu marido, Stephen Ceci.
Williams e Ceci analizaron datos sobre carreiras académicas de homes e mulleres con e sen fillos. Antes de que as mulleres fosen nais, tiñan carreiras equivalentes ou máis exitosas que os seus iguais masculinos. Pero unha vez que os nenos entraban en escena, a dinámica cambiaba.

martes, 10 de enero de 2012

Biografía de Lynn Margulis

Lynn Margulis naceu en 1938 na cidade de Chicago. Iniciou os seus estudos de secundaria no instituto público Hyde Park e cando foi trasladada polos seus pais á elitista Escola Laboratorio da Universidade de Chicago, regresou pola súa conta ao instituto cos seus antigos amigos, lugar ao que ela pensou que pertencía. Desa época lembra de bo grado á súa profesora de español, a señora Kniazza.

Margulis diría do seu paso pola Universidade de Chicago.
En 1958 continuou a súa formación na Universidade de Wisconsin como alumna dun máster e profesora axudante. Estudou bioloxía celular e xenética: xenética xeral e xenética de poboacións.
Desde un principio sentiu atraída polo mundo das bacterias, que naquel entón ela indica que eran consideradas só na súa dimensión de xermes de carácter patógeno e sen interese na esfera do evolucionismo. Margulis investigou en traballos ignorados e esquecidos para apoiar a súa primeira intuición sobre a importancia do mundo microbiano na evolución. Ela mesma, nos seus diferentes traballos, guíanos no que foi a súa investigación e os antecedentes das súas achegas. Sempre mostrou unha especial disposición a valorar estes antecedentes, desde o seu recordo cara á señora Kniazza, a súa profesora de español no instituto; pasando polo recordo dos seus profesores de universidade e o que para ela significaron; e terminando por unha extensa referencia dos traballos daqueles científicos que ela rescatou do esquecemento para apoiar o seu pensamento evolucionista.
Investidura de Margulis como doutora honoris causa pola UAM, xunto a Peter David Townsend (izda.), o reitor Raúl Villar e Eugenio Morais Agacino.

Interesouse polos traballos de Ruth Sager, Francis Ryan e Gino Pontecorvo. Estes traballos lévana á que ela considera obra mestra: The Cell in Developement and Heredity (A célula no desenvolvemento e a herdanza), escrita por E. B. Wilson en 1928. Toda esta obra relacionada coas bacterias está relacionada á súa vez cos traballos de L. E. Wallin, Konstantin Mereschkowski e A. S. Famintsyn, nos que se expón a hipótese de que as partes non nucleadas das células eucariotas eran formas evolucionadas doutras bacterias de vida libre. Desde entón o seu traballo centrouse en desenvolver esa hipótese que a conduciu a formular a súa teoría da endosimbiosis seriada, e posteriormente a súa visión do papel da simbiogénesis na evolución.

As súas achegas á bioloxía e o evolucionismo son múltiples: describiu paso a paso e con concreción a orixe das células eucariotas (o SET, que considera o seu mellor traballo); xunto a K. V. Schwartz clasificou a vida na terra en cinco reinos agrupados en dous grandes grupos: bacterias e eucariotas; formulou a súa teoría sobre a simbiogénesis e a importancia desta na evolución; apoiou desde o primeiro momento a hipótese de Gaia do químico James E. Lovelock, contribuíndo a ela desde a bioloxía e tentando que adquirise categoría de teoría; e realizou unha suma de traballos concretos sobre organismos bacterianos e formas de vida simbióticas, entre outras.

Na época da súa morte, o 22 de novembro de 2011 (morreu traballando no seu laboratorio), traballaba profundando no estudo de diferentes espiroquetas e o seu posible protagonismo en procesos simbiogenéticos.
Ela trae unha influencia espectacular porque trae a mestura de bioloxía con humanidades. Ela é da liñaxe destes científicos: Galileo Galilei, Copérnico e Newton. É unha científica que trae ideas radicais, pero que o tempo e a historia demostran que son correctas.

Traxectoria de Lynn Margulis

Lynn Margulis (Chicago, 5 de marzo de 1938 - 22 de novembro de 2011 foi unha destacada bióloga estadounidense, considerada unha das principais figuras do evolucionismo. Licenciada en ciencias pola Universidade de Chicago, máster na Universidade de Wisconsin e doutora pola Universidade de California, foi membro da Academia Nacional de Ciencias de Estados Unidos desde 1983 e da Academia Rusa das Ciencias. En 2008 recibiu a Medalla Darwin-Wallace. En 2011 foi nomeada profesora distinguida do Departamento de Geociencias da Universidade de Massachusetts Amherst.

No ano 1999 recibiu, da man do presidente estadounidense Bill Clinton, a Medalla Nacional de Ciencia. É mentora da Universidade de Boston e foi nomeada doutora honoris causa por numerosas universidades, entre outras, pola Universidade de Valencia, Universidade de Vigo, a Universidade Autónoma de Madrid e a Universidade Autónoma de Barcelona, realizando, en colaboración con esta última, traballos de microbiología evolutiva no Delta do Ebro.

Entre os seus numerosos traballos no campo do evolucionismo destaca, por describir un importante fito na evolución, a súa teoría sobre a aparición das células eucariotas como consecuencia da incorporación simbiótica de diversas células procariotas (endosimbiosis seriada). Tamén, a posible aceptación da súa proposta segundo a cal a simbiogénesis é a principal fonte da novidade biolóxica poría fin a cen anos de prevalencia do neodarwinismo. A súa importancia no evolucionismo e o alcance das súas teorías están aínda por ver.