jueves, 23 de febrero de 2012

Pensar cambia o cerebro

O pasado 17 de Decembro tivo lugar unha xornada teórico-clínica organizada pola Asociación Psicoanalítica de Madrid e o Instituto de Psiquiatría do Hospital Clínico de San Carlos de Madrid baixo a dirección do Profesor López Ibor e a Dr.a Reneses. O Dr. Glen O. Gabbard, psicanalista e unha das máximas autoridades internacionais no tratamento de Trastornos Límite de Personalidade expuxo as súas concepcións sobre este tipo de patoloxía psíquica.

Os Trastornos Límite de Personalidade son patoloxías graves que afectan ao psiquismo e que se manifestan en patróns persistentes de alteracións na cognición, a afectividade, a actividade interpersoal e o control dos impulsos e que se manifestan en aspectos como alteracións e inestabilidade en nas relacións interpersoais, que oscilan entre a excesiva dependencia ou o excesivo afastamento, inestabilidade na
identidade ou autoimaxe, impulsividade respecto a elementos moi diversos como alimentación, drogas, sexo, compras ou risco, inestabilidade afectiva, ira excesiva, sentimentos de persecución, autoagresións, ou sentimentos de baleiro que poden desembocar en intentos de suicidio, pelexas ou agresións. Outras veces maniféstanse como graves retraccións sociais, sentido grandioso de si mesmo, obsesións incapacitantes, ou desprezo e violación dos dereitos dos demais.

O Dr. Gabbard, que é recoñecido internacionalmente por abordar o tratamento dos Trastornos Límites da Personalidade combinando a psicoterapia psicoanalítica con criterios neurocientíficos, desenvolveu esta novidosa perspectiva en detalle ante un auditorio de máis de 250 psicanalistas, psiquiatras e psicólogos.




Espuxo como os pacientes afectados por Trastornos Límites de Personalidade están afectados por un estado de estrés superior ao resto debido a que interpretan erroneamente as actitudes neutras dos que lles rodean percibíndoas como adversas e ademais terían unha capacidade especial para detectar as persoas escasamente confiables, o que os sitúa nunha posición de incerteza, estrés e alerta permanente. Ésto provocaría alteracións nos sistemas de neurotransmisión cerebral e deficiencias no axeitado funcionamento de certas estruturas cerebrais como a amígdala ou os lóbulos prefrontais. Gabbard propugnou unha combinación de psicoterapia psicoanalítica e atención psicofarmacolóxica baseada nos coñecementos achegados popr a Neurociencia que, cen anos despois deron a razón ás formulacións de Freud, o creador da psicanálise.

Pensar cambia o cerebro, concluíu.


Formación estelar nas nubes oscuras de Tauro

Unha nova imaxe do telescopio APEX (Atacama Pathfinder Experiment), situado en Chile, mostra un sinuoso filamento de po cósmico dunha lonxitude de máis de dez anos luz. No seu interior, ocúltanse estrelas acabadas de nacer xunto con densas nubes de gas que, ao bordo do colapso, acabarán formando á súa vez novas estrelas. É unha das rexións de formación estelar máis próxima a nós. Os grans de po cósmico están tan fríos que son necesarias observacións de ao redor dun milímetro (como as levadas a cabo polo instrumento LABOCA, instalado no telescopio APEX) para detectar o seu débil brillo.




Fukushima en risco de sufrir outro gran terremoto

O risco sísmico na planta nuclear de Fukushima aumentou despois do terremoto de magnitude 9 que afectou a Xapón o pasado mes de marzo. Un novo estudo, publicado na revista da Unión Europea de Geociencias (EGU, polas súas siglas en inglés) 'Solid Earth, e que utilizou datos de máis de 6.000 terremotos, demostra que o tremor do 11 de marzo reactivou unha falla sísmica preto da central nuclear.

A investigación suxire que as autoridades xaponesas deben reforzar a seguridade da central nuclear de Fukushima para que poida soportar terremotos de gran tamaño que poidan supoñer unha nova ameaza directa para a rexión. A prefectura na que se encontra a planta foi testemuña dun dos peores desastres nucleares da historia despois de ser arrasada por un terremoto de magnitude 9 e un tsunami con ondas de ata 30 metros.

O epicentro do sismo que azoutou Xapón o 11 de marzo de 2011 estaba no fondo do mar a uns 160 km da costa de Fukushima. Os autores do traballo, pertencentes a universidades de Xapón Y China, conclúen que podería acontecer no futuro un moito máis próximo á costa na que se encontra a central de Fukushima.

"Hai algunhas fallas activas na área da central nuclear e os nosos resultados mostran a existencia de anomalías estruturais parecidas baixo as zonas de Iwaki e a de Fukushima. Tendo en conta que houbo recentemente un gran terremoto en Iwaki, cremos que é posible que poida acontecer nesta zona un sismo de forza similar ao de Fukushima, di o director da investigación Dapeng Zhao, profesor de xeofísica da universidade xaponesa de Tohoku.

UNHA NOVA CLASE DE EXOPLANETA FORMADO POR AUGA


Os astrónomos, coa axuda do telescopio orbital Hubble, identificaron unha nova clase de planeta fóra do sistema solar composto por auga e rodeado dunha espesa atmosfera de vapor.

O equipo internacional de astrónomos da NASA de EUA e a Axencia Espacial Estadounidense, encabezado por Zachory Berta del Centro Harvard Smithsonian de Astrofísica (CfA pola súa sigla en inglés), estudou o planeta denominado GJ 1214 b.

"É un planeta que non se parece a nada do que coñecemos ata agora". "Unha proporción enorme da súa masa está composta de auga", dixo Berta no boletín do Hubble, no que se decata de detalles do descubrimento.

O GJ 1214b foi descuberto en 2009 por un equipo de astrónomos encabezado por David Carbonneau, do CfA. O seu diámetro é aproximadamente 2,7 veces máis grande que o da Terra e o seu peso é unhas sete veces maior.

O planeta orbita a uns dous millóns de quilómetros dunha estrela anana vermella cada 38 horas e calcúlase que a temperatura na súa superficie é duns 230 graos celsius.

domingo, 19 de febrero de 2012

Culpan o reloxo biolóxico da falta de mulleres na ciencias

As mulleres evitan carreiras académicas con intensas materias de matemáticas porque o estilo de vida é incompatible coa maternidade, segundo acharon nun estudo investigadores da Universidade de Cornell que será publicado o próximo mes na American Scientist Magazine.
As universidades sempre foron criticadas polas políticas de contratación e avaliación que discriminan a muller, pero os achados deste novo estudo apuntan cara ao reloxo biolóxico como a principal razón pola que tan poucas mulleres rematan sendo profesoras de materias como matemáticas, enxeñarías, física e informática.
Unha muller que queira ter unha familia mira o rigoroso camiño que hai que realizar para ter un posto fixo e ten en conta a idade que terá antes de poder empezar a ter nenos e o pouco tempo que terá para criar os seus fillos. Moitas desas mulleres optan por carreiras máis flexibles.
"As universidades foron na súa maioría inflexibles con calquera cousa que se saíse do calendario, o que che escraviza durante anos e só entón contemplaríase a idea de quedarse embarazada", afirmou Wendy Williams, profesora de desenvolvemento humano en Cronell e coautora do estudo xunto co seu marido, Stephen Ceci.
Williams e Ceci analizaron datos sobre carreiras académicas de homes e mulleres con e sen fillos. Antes de que as mulleres fosen nais, tiñan carreiras equivalentes ou máis exitosas que os seus iguais masculinos. Pero unha vez que os nenos entraban en escena, a dinámica cambiaba.