Mostrando entradas con la etiqueta Victoria Camps. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Victoria Camps. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de noviembre de 2011




Aínda que o debate sobre a despenalización da eutanasia volve estar de actualidade, é un feito que ninguén quere morrer. Se algo une os seres vivos é o instinto ou a vontade de conservar a vida. Pero tambien é certo que, xunto á vontade de vivir, existe o temor a ter que vivir en malas condicións. Os avances da ciencia e das tecnoloxías alongan as expectativas de vida, pero non sempre conseguen paliar o sufrimento, evitar a dependencia e a falta de sentido. Se a dignidade é a característica esencial do ser humano, a vontade de vivir ha de ir unida á de vivir dignamente. Afrontala morte como unha opción libre non é opoñerse ao valor indiscutible da vida, senón a negarse a someterse sen máis a todas as posibilidades que ofrece a biotecnoloxía.

O propósito destas páxinas non é tinguir de escepticismo ou de nostalxia a tarefa educativa. Xa temos suficiente coas miserias que día a día nos relatan os xornais ou a televisión. O que quixera é contribuír ao retorno da esperanza na educación. Parto da hipótese de que non cremos nela. Pensamos que é inútil intentalo,investir máis esforzos nin palabras. Os impedimentos e os obstáculos que se interpoñen á vontade de formar as persoas son tantos que non é necesario perder máis tempo. Este sentimento de impotencia é o síntoma dunha realidade: a escaseza de discusións e debates serios sobre as finalidades da educación. Lamentámonos moito, iso si, de que a escola non funciona ben, de que a familia abdicou da súa responsabilidade e de que o ámbito mediático non contribúe en absoluto a facilitar as cousas. Dende a política, modifícanse cada dous por tres as leis de educación, pero nunca se enfronta con decisión e directamente a elevada taxa de fracaso escolar que temos. O discurso é negativo, non construtivo, porque ninguén se formula en serio cara a onde queremos ir.
Diversos factores poden explicar o que está a pasar. Un deles é que as sociedades evolucionan no bo sentido, é dicir, que progresan. As mulleres empezaron a poder traballar fóra de casa e a competir cos homes na vida pública. O dereito á educación universalizouse ata o punto de que a reivindicación política do momento é a escolarización dos menores de tres anos, porque ata os dezaseis xa están escolarizados. Dous avances indiscutibles que, á súa vez, deixan ao descuberto uns baleiros que antes pasaban desapercibidos.

¿Qué es filosofía? 1/3 Pienso Luego Existo



Pódense achegar as posicións de crentes e non crentes que deben convivir nunha mesma sociedade?

Unha moral sen relixión é unha moral desprovista de fundamento? É posible pretender unha moral universal que poida ser compartida por crentes e non crentes? Que cabe esperar das relixións, para ben e para mal? Satisfán as crenzas relixiosas algunha necesidade que non pode ser satisfeita doutra forma? Pódense achegar as posicións de crentes e non crentes que deben convivir nunha mesma sociedade?

Estas e outras moitas preguntas formúlanse Victoria Camps e Amelia Valcárcel neste ameno diálogo epistolar sobre a situación da relixión no xiro do novo século. Dende o desexo de reflexionar sobre a actual situación do relixioso e coa base da filosofía occidental, ambas as dúas exploran o lugar das relixións no noso mundo, o poder dos monoteísmos e a súa tendencia a desviarse cara ao fundamentalismo, a secularización e a posibilidade dunha moral universal.

martes, 8 de noviembre de 2011

Obra de Victoria Camps

" Paradojas del individualismo" é un libro que trata sobre o
individualismo que é unha consecuencia da igualdade civil e política que producen os rexímes democráticos, pero pode ser tamén o maior escollo para que a democracia sea satisfactoria. Por eso é un valor paradóxico, porque, aínda que tendemos a calificalo pexorativamente, a afirmación do individuo significou un progreso para a humanidade. Non se trata pois de renunciar ó individualismo, basta con facer compatible o respeto polo individuo coas esixencias da vida en común, coa necesidad de vivir en sociedade. Dese imperativo deriva a actual atención á ética: ética aplicada á política, á comunicación, á medicina, á tecnoloxía, á empresa... Esixir ética é pedir ó individuo un uso da liberdade compatible cos intereses da comunidade, coa sorte de, como nos di a profesora Camps «hoxe o progreso consistirá na capacidade de manter a potencia do individuo sin que, ao mesmo tempo, éste renegue da súa condición de animal político».

Victoria Camps, Bioética e dereitos humanos






Unha pequena biografía









Victoria Camps Cervera (Barcelona, 1941) é unha filósofa e catedrática universitaria española.


Cursou os seus estudos de Filosofía na Universidade de Barcelona, onde se doutorou en 1975 coa tese "A dimensión pragmática da linguaxe".

Ocupou o posto de Vicereitora, profesora e catedrática de ética da Universidade Autónoma de Barcelona. Participou nos Comités éticos do Hospital do Mar, do Hospital da Vall d'Hebron e da Fundación Esteve de Barcelona.

Fóra do ámbito universitario, foi Senadora polo Partido Socialista de Cataluña entre 1993 e 1996, participando na candidatura como independente. Durante ese tempo presidiu a Comisión de Estudo de contidos televisivos do Senado.

Na actualidade é membro do Comité de Bioética de España, e da Fundación Víctor Grifols i Lucas e membro do Consello de Redacción das revistas Isegoría (do Instituto de Filosofía do Consello Superior de Investigacións Científicas) e Letra Internacional.

Considérase un de tantos filósofos herdeiros de José Luis López Aranguren e José Ferrater Mora. No seu traballo destacou pola defensa do papel da muller na vida política, denunciando a súa exclusión desta; a convicción no Estado do benestar como un valor a defender fronte á concepción liberal que pretende reducir o Estado ao mínimo; unha activa defensora da democracia participativa e dunha ética que contribúa á formación da cidadanía.

No seu traballo na Comisión de Estudo do Senado sobre os contidos televisivos defendeu a televisión pública como un escenario de imparcialidade, sen ser os voceiros do goberno correspondente, que é o que na realidade tenden a ser.

Sobre os medios de comunicación privados avogou por unha maior transparencia respecto á súa titularidade e aos poderes económicos que os sustentan. Ata 2001 foi a presidenta da Fundación Alternativas.

En 2008 foille concedido o XXII Premio Internacional Menéndez Pelayo "polo seu maxisterio filosófico e a influencia moral do seu pensamento tanto en España coma en América".