viernes, 27 de abril de 2012

As persoas que viven en cidades teñen un maior risco de sufrir ansiedade e depresión

Segundo un recente estudo publicado na revista científica Nature, as persoas que viven en cidades teñen un 21% máis de risco de padecer un trastorno de ansiedade, un 39% máis de risco de sufrir un trastorno do estado de ánimo e o dobre de risco de sufrir esquizofrenia.

Para chegar a esta conclusión, os autores procedentes do Instituto de Saúde Mental Douglas de Canadá, comparon a actividade celebral de voluntarios procedentes de núcleos con máis de 100.000 habitantes, coas de habitantes de núcleos de máis de 10.000 habitantes e un terceiro grupo formado por persoas de áreas rurais. Atoparon que a resposta á tensión na amigdala (rexión cerebral vinculada coa regulación das emocións e o estado de ánimo) era maior conforme maior era o núcleo urbano ao que pertencía a persoa.
Xa que logo, existe unha forma ou formas na que a experiencia de vivir en nucleos urbanos afecta aos centros cerebrais que regulan as emocións, creando unha maior vulnerabilidade a padecer trastornos mentais.

1 comentario:

  1. Aínda que quedou un pouco parado a partir do mes de abril, é un moi traballo o que estivestes realizando ao longo de todo o curso. Noraboa e grazas. Saúdos. Luís.

    ResponderEliminar