domingo, 19 de febrero de 2012

Culpan o reloxo biolóxico da falta de mulleres na ciencias

As mulleres evitan carreiras académicas con intensas materias de matemáticas porque o estilo de vida é incompatible coa maternidade, segundo acharon nun estudo investigadores da Universidade de Cornell que será publicado o próximo mes na American Scientist Magazine.
As universidades sempre foron criticadas polas políticas de contratación e avaliación que discriminan a muller, pero os achados deste novo estudo apuntan cara ao reloxo biolóxico como a principal razón pola que tan poucas mulleres rematan sendo profesoras de materias como matemáticas, enxeñarías, física e informática.
Unha muller que queira ter unha familia mira o rigoroso camiño que hai que realizar para ter un posto fixo e ten en conta a idade que terá antes de poder empezar a ter nenos e o pouco tempo que terá para criar os seus fillos. Moitas desas mulleres optan por carreiras máis flexibles.
"As universidades foron na súa maioría inflexibles con calquera cousa que se saíse do calendario, o que che escraviza durante anos e só entón contemplaríase a idea de quedarse embarazada", afirmou Wendy Williams, profesora de desenvolvemento humano en Cronell e coautora do estudo xunto co seu marido, Stephen Ceci.
Williams e Ceci analizaron datos sobre carreiras académicas de homes e mulleres con e sen fillos. Antes de que as mulleres fosen nais, tiñan carreiras equivalentes ou máis exitosas que os seus iguais masculinos. Pero unha vez que os nenos entraban en escena, a dinámica cambiaba.

No hay comentarios:

Publicar un comentario