jueves, 23 de febrero de 2012

Pensar cambia o cerebro

O pasado 17 de Decembro tivo lugar unha xornada teórico-clínica organizada pola Asociación Psicoanalítica de Madrid e o Instituto de Psiquiatría do Hospital Clínico de San Carlos de Madrid baixo a dirección do Profesor López Ibor e a Dr.a Reneses. O Dr. Glen O. Gabbard, psicanalista e unha das máximas autoridades internacionais no tratamento de Trastornos Límite de Personalidade expuxo as súas concepcións sobre este tipo de patoloxía psíquica.

Os Trastornos Límite de Personalidade son patoloxías graves que afectan ao psiquismo e que se manifestan en patróns persistentes de alteracións na cognición, a afectividade, a actividade interpersoal e o control dos impulsos e que se manifestan en aspectos como alteracións e inestabilidade en nas relacións interpersoais, que oscilan entre a excesiva dependencia ou o excesivo afastamento, inestabilidade na
identidade ou autoimaxe, impulsividade respecto a elementos moi diversos como alimentación, drogas, sexo, compras ou risco, inestabilidade afectiva, ira excesiva, sentimentos de persecución, autoagresións, ou sentimentos de baleiro que poden desembocar en intentos de suicidio, pelexas ou agresións. Outras veces maniféstanse como graves retraccións sociais, sentido grandioso de si mesmo, obsesións incapacitantes, ou desprezo e violación dos dereitos dos demais.

O Dr. Gabbard, que é recoñecido internacionalmente por abordar o tratamento dos Trastornos Límites da Personalidade combinando a psicoterapia psicoanalítica con criterios neurocientíficos, desenvolveu esta novidosa perspectiva en detalle ante un auditorio de máis de 250 psicanalistas, psiquiatras e psicólogos.




Espuxo como os pacientes afectados por Trastornos Límites de Personalidade están afectados por un estado de estrés superior ao resto debido a que interpretan erroneamente as actitudes neutras dos que lles rodean percibíndoas como adversas e ademais terían unha capacidade especial para detectar as persoas escasamente confiables, o que os sitúa nunha posición de incerteza, estrés e alerta permanente. Ésto provocaría alteracións nos sistemas de neurotransmisión cerebral e deficiencias no axeitado funcionamento de certas estruturas cerebrais como a amígdala ou os lóbulos prefrontais. Gabbard propugnou unha combinación de psicoterapia psicoanalítica e atención psicofarmacolóxica baseada nos coñecementos achegados popr a Neurociencia que, cen anos despois deron a razón ás formulacións de Freud, o creador da psicanálise.

Pensar cambia o cerebro, concluíu.


No hay comentarios:

Publicar un comentario