jueves, 23 de febrero de 2012

Fukushima en risco de sufrir outro gran terremoto

O risco sísmico na planta nuclear de Fukushima aumentou despois do terremoto de magnitude 9 que afectou a Xapón o pasado mes de marzo. Un novo estudo, publicado na revista da Unión Europea de Geociencias (EGU, polas súas siglas en inglés) 'Solid Earth, e que utilizou datos de máis de 6.000 terremotos, demostra que o tremor do 11 de marzo reactivou unha falla sísmica preto da central nuclear.

A investigación suxire que as autoridades xaponesas deben reforzar a seguridade da central nuclear de Fukushima para que poida soportar terremotos de gran tamaño que poidan supoñer unha nova ameaza directa para a rexión. A prefectura na que se encontra a planta foi testemuña dun dos peores desastres nucleares da historia despois de ser arrasada por un terremoto de magnitude 9 e un tsunami con ondas de ata 30 metros.

O epicentro do sismo que azoutou Xapón o 11 de marzo de 2011 estaba no fondo do mar a uns 160 km da costa de Fukushima. Os autores do traballo, pertencentes a universidades de Xapón Y China, conclúen que podería acontecer no futuro un moito máis próximo á costa na que se encontra a central de Fukushima.

"Hai algunhas fallas activas na área da central nuclear e os nosos resultados mostran a existencia de anomalías estruturais parecidas baixo as zonas de Iwaki e a de Fukushima. Tendo en conta que houbo recentemente un gran terremoto en Iwaki, cremos que é posible que poida acontecer nesta zona un sismo de forza similar ao de Fukushima, di o director da investigación Dapeng Zhao, profesor de xeofísica da universidade xaponesa de Tohoku.

No hay comentarios:

Publicar un comentario