miércoles, 9 de noviembre de 2011

Comentario referente aos vídeos

"A ética é, sobre todo, a formación da persoa". Así se expresa a filósofa Victoria Camps (Barcelona, 1941) no próximo capítulo de "Penso, Luego Existo", o programa de La 2 de TVE que dá voz e mostra a algúns dos principais pensadores do noso país.

Con Victoria Camps reflexiónase sobre temas como o feminismo (é unha firme defensora do papel da muller na vida política), a ética (aposta por que esta disciplina contribúa á formación da cidadanía), a educación, os medios de comunicación e a democracia (defende con convicción a democracia participativa).

enlace:
http://encuentrosdigitales.rtve.es/2011/victoria_camps.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario