
Unha pequena biografía
Victoria Camps Cervera (Barcelona, 1941) é unha filósofa e catedrática universitaria española.
Cursou os seus estudos de Filosofía na Universidade de Barcelona, onde se doutorou en 1975 coa tese "A dimensión pragmática da linguaxe".
Ocupou o posto de Vicereitora, profesora e catedrática de ética da Universidade Autónoma de Barcelona. Participou nos Comités éticos do Hospital do Mar, do Hospital da Vall d'Hebron e da Fundación Esteve de Barcelona.
Fóra do ámbito universitario, foi Senadora polo Partido Socialista de Cataluña entre 1993 e 1996, participando na candidatura como independente. Durante ese tempo presidiu a Comisión de Estudo de contidos televisivos do Senado.
Na actualidade é membro do Comité de Bioética de España, e da Fundación Víctor Grifols i Lucas e membro do Consello de Redacción das revistas Isegoría (do Instituto de Filosofía do Consello Superior de Investigacións Científicas) e Letra Internacional.
Considérase un de tantos filósofos herdeiros de José Luis López Aranguren e José Ferrater Mora. No seu traballo destacou pola defensa do papel da muller na vida política, denunciando a súa exclusión desta; a convicción no Estado do benestar como un valor a defender fronte á concepción liberal que pretende reducir o Estado ao mínimo; unha activa defensora da democracia participativa e dunha ética que contribúa á formación da cidadanía.
No seu traballo na Comisión de Estudo do Senado sobre os contidos televisivos defendeu a televisión pública como un escenario de imparcialidade, sen ser os voceiros do goberno correspondente, que é o que na realidade tenden a ser.
Sobre os medios de comunicación privados avogou por unha maior transparencia respecto á súa titularidade e aos poderes económicos que os sustentan. Ata 2001 foi a presidenta da Fundación Alternativas.
En 2008 foille concedido o XXII Premio Internacional Menéndez Pelayo "polo seu maxisterio filosófico e a influencia moral do seu pensamento tanto en España coma en América".
No hay comentarios:
Publicar un comentario