martes, 22 de noviembre de 2011

KURT LEWIN

Kurt Lewin, psicólogo polaco nacionalizado estadounidense. Naceu o 9 de setembro de 1890 na cidade de Moglino na provincia de Pozna (Polonia). Interesouse na investigación da psicoloxía dos grupos e as relacións interpersoais. Estudou Medicina en Friburgo de Brisgovia e bioloxía en Múnic e se doctoró en filosofía pola Universidade Berlín en 1916.

En 1917 casou con Maria Landsberg, coa que tivo catro fillos: Agnes(1919), Fritz(1922), Miriam(1931) e Daniel(1933).

En 1924, como titor de Zeigarnik, realizou estudos sobre recordo de tarefas incompletas.

Foi profesor na Universidade de Berlín. En 1933, perseguido polos nazis, fuxiu de Alemaña e foise a EE. UU., onde foi docente da Universidade de Cornell. En 1935 foi profesor na Universidade de Iowa. Xa por 1940 nacionalizouse estadounidense.

En 1942 foi nomeado presidente da "Sociedade para o Estudo Psicolóxico de Temas Sociais" (Society for the Psychological Study of Social Issues en inglés). Dous anos despois a súa nai morreu asasinada nun campo de exterminio nazi.

En 1944 Lewin abandonou Iowa e marchouse ao Insituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), establecendo o Centro de Investigación para a Dinámica de Grupos (Research Center for Group Dynamics), onde se preocupou por facer unha teoría común sobre os grupos. En 1946, Lewin coordinou un grupo de investigadores que traballou con grupos de diferentes clases.

En 1947 creou o "Adestramento de Laboratorios Nacionais" (National Laboratories Training) e aos poucos días, o 12 de febreiro de 1947, morreu en Newtonville, Massachusetts).

K. Lewin é recoñecido como o fundador da Psicoloxía Social moderna[cita requirida].
Contribuíu ao desenvolvemento da Psicoloxía da Gestalt de maneira significativa.
Investigación-acción: defendeu a investigación básica resaltando a aplicación práctica.
A Teoría do campo, formulada por Lewin, afirma que as variacións individuais do comportamento humano con relación á norma son condicionadas pola tensión entre as percepcións que o individuo ten de si mesmo e do ambiente psicolóxico no que se sitúa, o espazo vital.

A Teoría do campo de Lewin afirma que é imposible coñecer o coñecemento humano fóra da súa contorna, do seu ambiente. A conduta ha de entenderse como unha constelación de variables independentes, as cales formarían o campo dinámico.
[editar] Obras

(1935) "Unha teoría dinámica da personalidade"
(1936) "Principles of topological and vectorial psychology"
(1938) "A representación conceptual e a medición das forzas psicolóxicas"
(1939) "Teoría do campo e experimentación en psicoloxía social"
(1946) "Frontiers in Group Dynamics"
(1946) "Psychological Problems in Jewish Education"
(1948) "Resolving Social Conflicts"
(1951) "Teoría de campo nas ciencias sociais"

No hay comentarios:

Publicar un comentario