lunes, 7 de noviembre de 2011

DEFINICION DE PSICOLOXÍA

A psicoloxía é a ciencia que estuda a conduta ou comportamento humano. A palabra latina psicoloxía foi utilizada por primeira vez polo poeta e humanista cristián Marko Maruli no seu libro Psichiologia de ratione animae humanae a finais do século XV ou comezos do XVI.

A Psicoloxía explora conceptos como a percepción, a atención, a motivación, a emoción, o funcionamento do cerebro, a intelixencia, a personalidade, as relacións persoais, a consciencia e o inconsciente. A Psicoloxía emprega métodos empíricos cuantitativos de investigación para analizar o comportamento. Tamén podemos atopar, especialmente no ámbito clínico ou de consultoría, outro tipo de métodos non cuantitativos. Mentres que o coñecemento psicolóxico é empregado frecuentemente na avaliación ou tratamento das psicopatologías, nas última décadas os psicólogos tamén están a ser empregados nos departamentos de recursos humanos das organizacións, en áreas relacionadas co desenvolvemento infantil e do envellecemento, os deportes, os medios de comunicación, o mundo do dereito e as ciencias forenses. Aínda que a maior parte dos psicólogos están involucrados profesionalmente en actividades terapéuticas (clínica, consultoría, educación,unha parte tamén se dedica á investigación desde as universidades sobre un amplo rango de temas relacionados co comportamento humano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario