Blog de alumnos orientado cara á Psicoloxía; as súas novas, curiosidades, historia... Se estás interesado no tema, rogámosche que votes un vistazo e deixes a túa pegada!
miércoles, 9 de noviembre de 2011
Pódense achegar as posicións de crentes e non crentes que deben convivir nunha mesma sociedade?
Unha moral sen relixión é unha moral desprovista de fundamento? É posible pretender unha moral universal que poida ser compartida por crentes e non crentes? Que cabe esperar das relixións, para ben e para mal? Satisfán as crenzas relixiosas algunha necesidade que non pode ser satisfeita doutra forma? Pódense achegar as posicións de crentes e non crentes que deben convivir nunha mesma sociedade?
Estas e outras moitas preguntas formúlanse Victoria Camps e Amelia Valcárcel neste ameno diálogo epistolar sobre a situación da relixión no xiro do novo século. Dende o desexo de reflexionar sobre a actual situación do relixioso e coa base da filosofía occidental, ambas as dúas exploran o lugar das relixións no noso mundo, o poder dos monoteísmos e a súa tendencia a desviarse cara ao fundamentalismo, a secularización e a posibilidade dunha moral universal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario