lunes, 7 de noviembre de 2011

FILOSOFIA DOS NENOS

É o estudo do comportamento dos nenos desde o nacemento até a adolescencia, que inclúe as súas características físicas, cognitivas, motoras, lingüísticas, perceptivas, sociais e emocionais.

Os psicólogos infantís tentan explicar as semellanzas e as diferenzas entre os nenos, así como o seu comportamento e desenvolvemento. Tamén desenvolven métodos para tratar problemas sociais, emocionais e de aprendizaxe, aplicando terapias en consultas privadas e en escolas, hospitais e outras institucións.

As dúas cuestións críticas para os psicólogos infantís son: primeiro, determinar como as variables ambientais (o comportamento dos pais, por exemplo) e as características biolóxicas (como as predisposicións xenéticas) interactúan e inflúen no comportamento; e segundo, entender como os distintos cambios no comportamento interrelaciónanse.

No hay comentarios:

Publicar un comentario